Tuesday 23 de April de 2024

Máis de 300 persoas participaron no Encontro de Maiores do Concello de Boqueixón


Algo máis de 300 persoas participaron no 29 Encontro de Maiores do Concello de Boqueixón, que tivo lugar este sábado no pavillón polideportivo do Forte. Unha xornada de lecer e confraternidade para as persoas maiores do municipio.

O encontro arrincou cunha misa no salón de actos do CPIP Antonio Orza Couto, que deu paso ao xantar no polideportivo do Forte. Como xa é tradición, o Concello de Boqueixón homenaxeou ás dúas persoas de maior idade desta cita. Nesta ocasión foron Carmen de la Fuente Vázquez e Castor Pereiro Vázquez, de 97 e 90 anos, respectivamente. Ambos os dous levaron cadansúa placa conmemorativa.

Ademais, e grazas á colaboración un ano máis de Gasolineras SBC, realizouse un sorteo de agasallos de distinto tipo entre todas as persoas asistentes. Uns agasallos que foron entregados polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e polo deputado autonómico Ovidio Rodeiro Tato.